Mostrando entradas con la etiqueta fotolog. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fotolog. Mostrar todas las entradas

martes, 23 de diciembre de 2008


Seguramente que moitos de vos (por non dicir todos) algunha vez tivestes ou (tedes) un fotolog. Pois dalgunha parte terán que saír os 2.170.819 de usuarios que ten a rede fotolog en España (case case tantos membros como electores cos que conta o noso país). En total no mundo veñen sendo máis de 22 millóns e medio de persoas que dispoñen dun fotolog.
Orixinalmente coa palabra Fotolog referíase a unha variante de Blog, que consiste basicamente nunha galería de imaxes fotográficas que se acompañan dun texto que as veces era tan importante ou incluso máis importante que a propia foto. Ademais, esta páxina tamén permite que se escriban comentarios no libro de visitas (antigamente calquera persoa podía comentar nun fotolog, pero posteriormente os seus creadores decidiron que só poderían firmar nel as persoas que tamén dispuxesen dun fotolog)

Un dos creadores de fotolog foi Adam Seifer (Cypher) que por suposto tamén ten un fotolog. De feito o seu fotolog consiste en subir cada día unha foto dun prato de comida. Os que teñades curiosidade por visitalo aquí o tendes: http://www.fotolog.com/cypher
Este home dáme a min que non lle debe afectar moito a crise, entre outras cousas por que a pesar de que a web é gratuíta existe unha modalidade na que hai que pagar.

Dicir que o deseño desta páxina web é bastante bo, xa que é moi doado de aprender a manexar. No centro da páxina temos unha ventá na que nos aparece a foto e na parte de abaixo podemos poñer o texto. Seguido do texto aparecerá o libro de visitas (só naqueles usuarios que o tiñan activado) ó lado esquerdo da foto aparecen as 5 actualizacións anteriores e na banda da dereita aparecen os 5 amigos ou favoritos que actualizaron recentemente.

Na miña opinión este tipo de blogs son unha boa idea sobre todo pola súa facilidade de manexo, o peor sería a cantidade dos contidos, xa que nun blog tradicional ti podes ver todos os contidos publicados por exemplo nun mes dentro da mesma pantalla. Pola contra en fotolog só podes ver os arquivos xeralmente por día e os textos teñen tamén un límite.