Aqui van as miñas puntuacións!!!
Radiactivos: 9,25
Aspectos positivos:
1. Paréceme moi orixinal e logrado o deseño da radio antiga.
2. O tema tamén me parece orixinal e innovador.
3. O tratamento de Flash e a organización da información xeniais.
Aspectos negativos:
1. Contido quizais pouco extenso.
2. A gama de cores está ben combinada pero creo que non lle viria de máis un punto de cor máis rechamante.
3. A parte de "en este momento podes escoitar" se funcionase xa era tremendo!!!!
Quetequero: 9,5
Aspectos positivos:
- O traballo de flash é espectacular!
-Éncántanme as ilustracións, a eleccións das cores e o deseño en xeral.
- A redacción dos textos.
Aspectos negativos:
- Non me acaba de convencer o nome da páxina. Con respecto aos contidos buscaríalle un máis picantón!!;)
- O problemiña dos test, por dicir algo.
- A tipografía da parte da redacción.
Tutti Frutti: 8,75
Aspectos positivos:
- As cores, acorde co contido! xeniais!
- As frutiñas son un amor!!!
- A navegación pola páxina é moi doada.
Aspectos negativos:
- Non me convence moito o logotipo.
- O video quedaba mellor non fose de youtube...
- ... e se saírades "dándolo todo" cantando vos mesmos!!!xD
Ken and the Dolls: 9.5
Aspectos positivos:
- Gran páxina! Enorme!! Todo o traballo que leva detrás!
- As cancións!!
- A interfaz mola a dios!!:) e todo o deseño en xeral!
Aspectos negativos:
- quizais que o reproductor se active automáticamente.
- A distribución da información na sección de concertos non me convence, é un pouquiño confusa desde o meu punto de vista.
Zapa: 9.8
Aspectos positivos:
- a animación da entrada é unha pasada!!! É todo super pofexional!!!!
- os botóns.
- as fotografías encántanme!!!
Aspectos negativos:
- as cores mostaza e vermello é interesante pero non me convence moito...
- que non lle encontro máis aspectos negativos!!xD
Artesala: 9,25
Aspectos positivos:
- o tema paréceme un dos máis orixinais da clase!
- claramente o traballazo en photoshop!!! wau!!!
- e o traballo en Flash está tamén moi ben resolto! encánteme a entrada, o do mando e a habitación!! todo moi currado!!
Aspectos negativos:
- a intro está moi chula pero é un chisco larga de máis.
- vexo as seccións fora do recadro (?) isto é asi?? ;)
Minimalab: 8,75
Aspectos positivos:
- Ten un aspecto moi profesional. Encántanme a conta atrás do principio.
- o tema interesantísimo.
- está todo moi ben organizadiño e estructurado.
Aspectos negativos:
- As fotos pequeniñas de máis.
- bótase en falta máis información, máis contidos.
Oitenteros: 9
Aspectos positivos
- o video está curradísimo! encántame!!!!! e o deseño e moi alegre acorde co tema.
- moítisima información!!
- navegación moi doada.
Aspectos negativos:
- a cor de fondo non me gusta moito.
- algunhas tipografías non se ven moi ben!! (se cadra é cousa miña!!xD)
Guioniza: 8,75
Aspectos positivos:
- o da libreta mola!!:) e o rollo dos posits tamén!
- o tema é o punto máis forte!
- navegación simple.
Aspectos negativos:
- veise algo baleiro de máis para o meu gusto.
- está todo moi para a dereita. máis centrado creo que podería quedar mellor.
Wonderful5: 8,75
Aspectos positivos:
- combinación negro amarela.
- superheroes para unha campaña de publicidade dunha empresa de seguridade???? ENORME IDEA!!:)
- As fotos!!
Aspectos negativos:
- os contidos están un pouquiño desorganizados (pero non podemos falar!!xD)
- o logo está algo pixelado...
Ao límite: 8,75
Aspectos positivos:
- o tema ten unha boa intención.
- cóllese cariño aos pavos, ( que no pollos!!XD)
- dixen xa que molan os pavos??¬¬
Aspectos negativos:
- a organización ante todo.
- a dificultade da navegación.
- deberíamos poñer máis variedade de receitas e de locais...
está todo, non???
co doado que era resumir todo nun...
SOMOS UNS CRACKS!!!!!! JOJOJOJOJO!!!!!
bikiños
Mission Impossible Fallout Full Movie Images
Hace 8 años