martes, 25 de noviembre de 2008

¿Cal é o prezo do deseño?


Non sei. Pode que sexa porque son unha inculta da moda, ou ben porque son unha rañada ou simplemente porque son pobre. Dá igual. O caso é que non podo evitar sentir mareos, náuseas, urticaria, taquicardias e unha lixeira sensación de escozor na retina cada vez que lle miro a etiqueta do prezo, poñamos por exemplo, a unha camiseta de Miss Sixty.

E poño de exemplo Miss Sixty non porque teña nada en contra desta marca en especial, senón por un trauma que pillei certo dia que se me ocurreu coller na man por primeira vez unha das súas camisetas. Non sei porque misteriosa razón nese momento veu a miña mente o recordo daqueles marabillosos sábados de mercadillo, as rebaixas de verán do Bershka, os trapos de cociña da miña casa…

Oitenta euros.

Cando me din recuperado do shock emocional non tiven máis remedio que preguntarlle a dependenta a razón lóxica dese número. Oitenta euros. A súa resposta foi: “chica, lo que pagas es el diseño”.

Como excepción, fieime desta afirmación con pinta de frase prefabricada marca El Corte Inglés e púxenme a facer contas. ¿Cal é o valor do deseño se o prezo da camiseta con respecto a súa calidade desde o meu punto de vista era imposible que pasase dos cinco euros? Resposta: moito.

Con isto o que quero deixar claro é que o valor da marca, ou o que é exactamente o mesmo, o valor do deseño é moi alto, (¿demasiado alto?), tanto a nivel económico (como quedou comprobado no caso da camiseta co mesmo prezo que a miña comida de medio mes), como a nivel emocional.

Cando digo a nivel emocional refírome ao seguinte: se puideras permitirte vestir de Levis, Pepe Jeans, Adidas, Adolfo Dominguez, Thomas Burberry, Nike, Tommy Hilfiguer, Carolina Herrera, Quiksilver e demais familia… ¿seguro que lle irías comprar sempre e sen excepción a “Amancio”? ¿Cantos de vos matariades por lucirvos “enmarcados” dos pes á cabeza? E os que de verdade volo podedes permitir… ¿a que mola? ;)

Agora en serio, quero crer que ninguén sería quen de matar a ninguén por vestir de Lacoste pero tamén creo que non se pode negar a gran valoración que se lle pode chegar a dar ao deseño da roupa, moitos veces ata o punto de ser capaces de xulgar a unha persoa só pola marca que viste botando man dunha serie de estereotipos que se forman ao redor de determinadas marcas.

Pensade tamén neste sentido na industria das imitacións. ¿Canta xente opta por comprar unha imitación dun bolso de Dolce&Gabanna antes de comprar un de calquera outra marca máis económica simplemente polo feito de levar un deseño semellante ao orixinal?

Para rematar, unha última pregunta: ¿pensades que son unha inculta da moda-rañada, ou tamén creedes que é unha aberración pagar tantos cartos por un concepto tan abstracto como o deseño?

¡Espero respostas!

Un saudiño

lunes, 17 de noviembre de 2008

Páxina juev, non viviredes sen ela¡¡¡

Ola a todos!!

Somos o grupo este que escribe pouco pero que le moito eh¡¡¡ xD. Queriamos transmitir a través da nosa bitácora (a que é feitiña eh¿?) as nosas ideas para a web que temos pensado facer. Como xa expuxemos na clase (para os que non foron ese día, farémolo aquí de novo, non é por dar nomes) a nosa idea era facer unha páxina para o universitario actual. Quixéramolo centrar en Santiago de Compostela, xa que a nosa xeografía galega é tan ampla que non poderiamos abarcála toda...

Principalmente constaría de tres seccións, que dunha forma ou outra estarían orientadas a face-la vida máis sinxela e sobre todo, barata, para todos nós (os estudantes). Para moitos, que aínda que vivan dos pais, ás veces os cartos non chegan e aos outros que viven do seu propio soldo,onde os cartos tampouco sobran. Non falaremos dos que non viven dos pais nin teñen soldo, porque milagres non podemos facer. Queda dito.

A COMER!! Nun apartado (onde aínda está o nome por decidir) escribiríamos recetas de cociña, cousas sinxelas pero non aptas para inútiles, supoñemos que xa o acto de vivirmos independizados estudantilmente xa nos da pé a saber como se fríe un ovo. Optaremos por poñer unha receta para cada día da semana, alternando carnes, peixes, verduras e actualizando cada semana. Neste mesmo sitio, daríamosvos a opción máis barata para os ingredientes , é dicir, por exemplo, se facemos spaguettis con tomate, pois destacar onde os spaguettis son máis baratos, o seu prezo e así con tódolos ingredientes.

ECONOMÍA Neste mundo cheo de crise onde nos toca vivir, cremos que este será o apartado máis recorrido por todos vós. Intentaremos (intentaremos) ofrecervos axuda con temas
relacionados cos nosos petos, case sempre baleiros. Información arredor de bolsas (becas) e axudas en xeral para o estudante de a pé, que moitos non saben da súa existencia, outras como os supermercados máis baratos, e cousas interesantes que podedes facer para gañar cartos sinxelamente (ollo¡¡Non daremos consellos para gañar cartos deitados na cama eh?Hai que curra-lo un pouco¡). Neste apartado tamén haberá un apartado de anuncios varios, onde poderedes buscar traballo, comprar aquilo que se vende, buscar piso ou habitación, bueno, esas cousas que se ven nos anuncios normais pero orientado a nós, as promesas do futuro (Nota: non se incluirán anuncios de relax, a non ser que haxa algun compañeiro/a que o pida expresamente).

MOVIDA NOCTURNA- Isto tamén pode resultar interesante xa que por todos é sabida que a vida do estudante (sobre todo mércores, xoves e algúns directamente de luns a domingo) xira entre as 8-10 da mañá e as 4-6 da mañá) Falamos de horas de erguerse e deitarse respectivamente ;) . Trataremos os locais de moda, os que xa pasaron de moda pero teñen boa sona, os que non teñen boa sona e os peores de todo, para que teñades onde elixir. Claro que non será esa a clasificación, xa que queremos facer unha páxina obxectiva, sobre todo OBXECTIVA. Seguindo co tema dos locais, falaremos da clase de persoas que os adoitan ocupar, para que cada un elixa o que máis lle conveña, xa sabemos que a estas alturas teredes os vosos locais preferidos pero non está de máis saber outros, nunca se sabe onde podemos acabar... Tamén afondar nas copas, e establecer unha relación calidade-prezo, xa que de todos é sabida a práctica masiva dalgúns "pafetos" coñecida popularmente como "garrafón". Tamén vos daremos consellos para aforrar esas noites de movida e que aínda que teñas un euro poidas saír igual e pasalo ben. (sí sí, é certo)

Esta sería a información principal, cunhas cantas ideas secundarias que poden estar suxeitas a cambios dependendo do desenrolo da páxina, (é dicir se nos custa moito..haberá que economizar partes e algunha podería desaparecer, pero non é o noso obxectivo, QUE CONSTE EN ACTA). Gustarianos saber o que opinades e tamén algunha idea que vos gustaria que incluísemos (neste caso reunirase o comité de sabios e analizará a situación exposta), así como se non vos gusta, se a odiades, se nos odiades, se queredes matarnos, calquer cousa, é un blog totalmente libre. Queda dito.


Alba, Vero e Alberto
Comité de sabios

Un saúdo

domingo, 2 de noviembre de 2008


Falando de deseños interesantes a nos destacar persoalmente este. É un cemiterio situado no concello de Fisterra moi preto do faro da fin do mundo. Esta obra arquitectónica foi deseñada polo arquitecto galego César Portela e adquiriu un grande prestixio a nivel internacional.

Está formado por 14 cubos de granito con 12 tumbas cada un, máis capela e sala de autopsias.
chamanos a nosa atención, o feito de que oito anos despois da súa construción aínda están sen utilizar pricipalmente por dúas razóns: a primeira que non ten sumunistro eléctrico e a segunda que se está a espera de conseguir financiamento para realizar unha segunda fase, xa que segundo o alcalde os seus 100 nichos fano inviable pois en tres anos estaría completo.

pero tamén nos gustaría dicir que este cemiterio é un tanto atípico e quizais sexa este o motivo do retraso na súa utilización. Pese a que o lugar é idóneo, combinándose terra, mar e aire, ofrecéndonos un espectáculo sobrecolledor a poboación non está afeita a construcións tan atípicas destinadas a este fin.

Entre un dos galardóns que recibiu este cemiterio está o Premio europeo
"Philipe Rotthier" 2002