jueves, 22 de enero de 2009

IMPOrTANTE!! NOmE da web!!





Ola a tod@s!!!

A
topámonos inmersos na creación da nosa páxina, como seguro que todos vós. Cremos que un dos pasos máis importantes para a web é elixir un bo nome, algo que sexa orixinal, fresco e atrevido e que a xente se sinta identificada con el. A nosa páxina, como todos sabedes, vai dirixida a nós, os xóvenes de hoxe en día, aos nosos problemas económicos, ó noso día a día que vai dende saber facer unha receita equilibrada de forma sinxela ata ensinarvos que lugares poden ser máis baratos ou aptos ós vosos gustos á hora de saír un xoves (día de saída universitaria por excelencia).

Entón, seguindo a problemática do nome da páxina web, gustarianos plantexarvos as dúas opcións que resultaron máis votadas entre nós (vale, sen risas, xa sei que só somos tres...pero... ;)

TINEILLERS


AOLIMITE


DE_XENERACION



Para facilitárvo-la escolla, temos unha preciosa enquisa á vosa dereita na que só tedes que facer un click e aparecerá contabilizado, así que nooon, non hai necesidade de que deixedes comentarios, pero se queredes non pasa nada eh, como dixemos os primeiros días, é un blog totalmente libre e ata nos podedes mandar as vosas cancións favoritas, debuxos, pinturas anónimas, fotos prohibidas, fotos da infancia, as vosas primeiras redacións tipo Que quero ser de maior? e todo iso... Todo será benvido (iremos acabando o comentario xa veña)

VOTADE

VOTADE

VOTADE

Bicos a tod@s e grazas por adiantado!!

pd: VOTADE

viernes, 16 de enero de 2009

Retablo, TNT, Momo, Avante...


Múltiples son os sitios de saída en Santiago e nós, o campesiñado, non queremos esquecernos de ningún. Atopámonos absortos no deseño e constrrción da páxina web pero aínda temos un tema no que necesitaríamos a vosa axuda e inocentes de nós...pensamos que podiamos publicar esta entrada para que nos axudárades un pouquechiño.

¿Cales son os vosos lugares favoritos de ocio que pensades que non deberáin faltar na nosa páxina? Dámosvos uns cantos nomes, para ver se nos podedes dar algunha pequena crítica por calquer motivo, ben sexa en canto ás bebidas, clientela ou ambiente do local...






RETABLO


MOMO

FONTE SEQUELO

TNT

MAYCAR

LA RADIO

BLASTER

CAPITOL

CASA DAS CRECHAS

MODUS VIVENDI

KARAOKE MANHATTAN

KROONER

CAFÉ PUB SANT IAGO

FORUM

CALDERERÍA

PUB A REIXA

Veña, xa sabemos que hai moito traballo, pero é unha pequeniña aportación joooo

BiKIÑOsss

miércoles, 14 de enero de 2009

CÁLICO ELECTRÓNICO


Fai unhas semanas que o meu irmán pequeno non deixa de marearme a cabeza cuns videos que baixa de Internet sobre un tal superheroe chamado Cálico Electrónico.

Trátase dunha serie de animación feita con Flash que se distribúe pola rede e que leva tres anos de éxito imparable. Con máis de cinco millóns de visitas ao mes só na súa páxina web (aproximadamente as que imos ter nos coa nosa, sen dúbida!! Jojojo!!) trátase dun fenómeno de masas en Internet, grazas a uns videos que dende o meu punto de vista teñen unha orixinalidade, uns guións e un humor que fai que valga a pena perder un pouco de tempo en velos todos.

Por curiosidade entrei na páxina (www.calicoelectronico.com) e descubrín un deseño web sobre o cal me gustaría que opinasedes. Para o meu gusto a páxina paréceme excesivamente confusa. É moi colorida, iso si, e emprega unha estética e unha linguaxe moi acorde coa esencia da serie en si (moi “cachonda”) pero creo que ten un estilo demasiado recargado que fai difícil enterarse de tódalas posibilidade que ofrece a páxina, que non son poucas.

De todas maneiras…¿¿¿COMO SE PODE FACER ISO CON FLASH????

Que bochorno... a min que facer botar unha pelotita cutre me levou tres días…

(suspiro…)

UN SAUDO!!

jueves, 8 de enero de 2009

proxecto web!


Ola compañeiros. Hoxe estivemos argallando pola rede e recolectando información para o noso proxecto.

En canto á cuestión das receitas, estamos estes días preparando os nosos menús máis sabrosos para facer unha selección e plasmalo na rede. Por certo creo que está bastante claro que o do outro día non era un hipopótamo senón unha serpe.

Por outra banda respecto á cuestión económica da web, é dicir, como pode un estudante gañar uns castiños estamos investigando o asunto e xa atopamos varias páxinas que ofrecen compensación económica a cambio de facer pequenas enquisas ou ler publicidade.

E por último temos que pedirvos, unha vez máis A VOSA COLABORACIÓN para o noso terceiro apartado que sería a do lecer, gustaríanos que nos fixésedes unha lista dos sitios aos que concorredes habitualmente nas vosas noites de festa. Xa que nos, este ano andamos un pouco despistados no que se refire as xoldras e quedadas cav´s

martes, 6 de enero de 2009

Os carteis das orquestas (deseña que deseñarás...)

Moi bos e felices días de comezo de ano,compañeiros!!
Como estades?Espero que ben. Hoxe intentei buscar algún tema interesante para comentar e atopei algo relacionado un pouco co noso tema de documental, as orquestas. Concretamente, os carteis das orquestas e o seu deseño que moitas veces deixa bastante que desexar. Comezarei por un deseño, que deu bastante que falar na súa temporada, da orquesta Versalles. Un deseño bastante convencional pero a verdade que o que máis chama atención aquí, non é o deseño en si,senón o tipiño que canta que ten a osadía de saír en calzóns, intentando (seguro)pasar desapercibido. A verdade que o deseño en si non está moi currado. Podedes ver que en anos sucesivos tampouco se esforzan por melloralo.



Mellor pasemos a outros exemplos. A orquesta Panorama, que seguro que quen máis ou quen menos, seguidor ou non de orquestas, a coñece. Nos seus comezos, o cartel de Panorama era algo así. Un deseño sinxelo, cos cantantes todos xuntos (como é habitual nos outros carteis), pero sen moita diferencia cos músicos, o sitio que ocupan é o mesmo, non como pode ocorrer co de Versalles (que aínda que sacasen o tipiño dos calzóns, non pasaría nada)




Pero a temporada pasada puidemos disfrutar dun deseño do cartel desta orquesta moito máis xuvenil e desenfadado, cun aire fresco a música para xente nova, que é o que levan na maioría do seu espectáculo. Aquí volo poño, a ver que vos parece. Un dos cantantes principais é o que aparece ao frente (Jorge) e despois os outros cantantes e os músicos.




Agora quero mencionar algunhas orquestas e grupos que conteñen no seu cartel unha referencia ao seu nome, como é o caso de Jerusalén, Kamelot o grupo Atenas. Non sei que vos parece, son máis orixinais, saénse do tradicional de caras e nome, pero quizais algún é demasiado arriscado, o que non lle vexo moita ciencia é o de Grupo Atenas, é unha fotomontaxe bastante cutre. Isto tamén hai que dicilo, os carteis das orquestas son mellores segundo son mellores as mesmas, como en todo na vida, sempre é cuestión de cartos ou ás veces un fotógrafo ou deseñador que o tome en serio.



E para rematar, como non podía faltar, a orquesta do noso proxecto, grande entre as grandes Olympus, que nos ofreceu fai dúas temporadas un aspecto cando menos rompedor:, que tampouco estivo exento de críticas, xa que sabedes a que anuncio se parece , non? Pensade un pouco, non volo vamos dar todo feito. xD

O ano pasado, despois de facer o seu récord guiness de 24 horas enriba dun escenario tocando sen parar, ofrecíannos esta nova imaxe militar que me recorda a un cartel de cine que fai pouco vin nalgunha actualización... O deseño é bastante orixinal e rompe algúns dos parámetros do que en carteis (afiches) de orquestas se refire:


Esta temporada que está comezando cambian totalmente de aspecto (ademais que de cantante) que tamén está empezando a ser criticado polo seu aspecto gótico, que, xa sabedes, nunca chove ó gusto de todos.
Aquí o tedes:


Ata aquí por hoxe, este tema daría moito para falar pero con estas pequenas referencias xa tedes para algún que outro comentario. Si??? SI??

Un bico!!

domingo, 4 de enero de 2009

Novo deseño do blog!!!

Ola compañeir@s audiovisuais!!!

Como o ano comeza e para este os novos propósitos, nós (o campesiñado) propuxémonos darlle un novo aire ao blog, unhas pinceladas de cor e algunha cousiña máis.

Para comezar, decidimos cambiar as cores, para que tivesen algo máis que ver co título e senso do blog, son cores da terra (para os máis enterados ;) chamámonos "botalleterra"), marrón, vermello, amarelo e como non, a frase que acompaña ao noso título en color verde esperanza, que esperamos que nos dea sorte.


O seguinte foi colocar unha foto que por algún motivo nos representase, pola imposibilidade de ter unha foto nolos tres na que saíramos máis ou menos ben e estiveramos de acordo, poñemos a representación da persoa traballadora, o humilde campesiño que labra a súa terra así como nós labramos este blog (pouco a pouco, todo hai que dicilo). :)



Despois vimos algo que poñía "presentación" e chamounos a atención e dixemos.."podemos probar, é bastante orixinal", as fotos pois son relacionadas unha vez máis coa paisaxe labradora, falando en termos xerais.


Esperamos que vos guste e deixedes unha pegada no noso libro de visitas, como BOS COMPAÑeIROS que SODES!!!

Bicos e apertas!!Sede boíños!!