miércoles, 31 de diciembre de 2008

o 2008 chegou ao seu fin!


ben amigos, neste día no que despedimos o ano dende botalleterra quemos desexarvos o mellor para o 2009 e que entredes nel con bo pe.

onte Vero fixovos a proposta de que aportárades ideas sobre como facedes para aforrar ou non andar tan escasos de diñeiro cando chega a fin de mes.(grazas Andrea polas túas aportacións!)

ben eu farei a proposta de que nos digades cales son eses pratos que vos apetece cociñar para buscar a receita ou directamente dicírvola porque diso entendemos moito.

pero como tampouco somos nin Arguiñano nin Adriá pois se tedes boa man preparando algunha comida non dubidedes en dicirnos como o facedes. xa sabedes o de sempre: ingredientes, proceso de elaboración, tempo de elaboración, etc.

por último, xa que a nosa páxina está adicada á mocidade estivemos pensando nun apartado no que vos poideramos asesorar nos vosos problemas á hora de ligar, para que aprendades algo que xa ides no tempo (jejeje)

sen máis bicos e apertas para todos e despedide ben o ano!


PD: a foto é un delicioso bocata de serpe xD

martes, 30 de diciembre de 2008

PEDIMOS A VOSA SOLIDARIEDADE

ola compañeiros audiovisuais:
Nestas datas de paz e amor e cheas de solidariedade, queremos pedir a vosa colaboración para que a páxina web sexa todo un éxito (isto tamén ven influenciado pola opinión dunha leitora anónima no pasado comentario).
xa sei que temos o blog algo abandonado, xa sabedes, os traballos (e o traballo) abrúmannos e estamos dedicados a tantas páxinas webs polo mundo adiante que... :))

Bueno, o que ía dicindo, queremos pedirvos algún consello que vos pasase en particular relacionado co tema económico, se vos vistes tan apertados que tivestes que disfrazarvos e ir pedir á quintana ou cousas así, como pode sobrevivir un estudante cos poucos ingresos recibidos (oxalá lea isto o ministerio de educación, política social e deporte) e como o afrontastes. Buscamos sobre todo respostas orixinais (pero non vale inventar) (veña, sí vale).

A nosa web está en proceso de creación e apuntar que xa fixemos caso das vosa speticións, como unha amable leitora nos puxo, haberá receita de lentellas, como non, e todas sinxelas d efacer, non coma as do arguiñano este que ás veces non sei de onde quita os ingredientes por que fai cousas máis raras...ala, xa me lio...O MEOLLO DA CUESTIÓN
DEIXÁDENOS PLASMADA EN FORMA DE POST (non custa nada, APADRÍÑANOS, é só un post)

:)

E creo que sen máis dilación..despedímonos

Un bico e un saúdo

E FELIZ 2009 ( non podo ser menos que Andrea jajaja)

Coidado coas uvas¡

lunes, 29 de diciembre de 2008

guión do tema de debate

Aínda que no xa o temos rematadiño temos o pracer de ensinarvos cal foi o noso guión para facer o tema de debate

o tema que escollemos foi o son e os distintos tratamentos que se lle dan nas páxinas web e os puntos que tratamos foron:

1. O SON. INTRODUCIÓN
1.1 Definición
1.2 Características
1.2.1 A altura
1.2.2 A intensidade
1.2.3 O timbre
2. O SON DIXITAL E ANALÓXICO. DIFERENZAS. VANTAXES E INCONVENIENTES.
2.1 O son analóxico
2.2 O son dixital
2.2.1 Vantaxes e inconvenientes da dixitalización
3. FORMATOS DE SON MÁIS COMÚNS NA WEB: ogg, MP3, streaming, etc
4. ESTRATEXIAS DO USO E FUNCIÓNS DO SON EN PÁXINAS WEB. VANTAXES E INCONVENIENTES.





martes, 23 de diciembre de 2008


Seguramente que moitos de vos (por non dicir todos) algunha vez tivestes ou (tedes) un fotolog. Pois dalgunha parte terán que saír os 2.170.819 de usuarios que ten a rede fotolog en España (case case tantos membros como electores cos que conta o noso país). En total no mundo veñen sendo máis de 22 millóns e medio de persoas que dispoñen dun fotolog.
Orixinalmente coa palabra Fotolog referíase a unha variante de Blog, que consiste basicamente nunha galería de imaxes fotográficas que se acompañan dun texto que as veces era tan importante ou incluso máis importante que a propia foto. Ademais, esta páxina tamén permite que se escriban comentarios no libro de visitas (antigamente calquera persoa podía comentar nun fotolog, pero posteriormente os seus creadores decidiron que só poderían firmar nel as persoas que tamén dispuxesen dun fotolog)

Un dos creadores de fotolog foi Adam Seifer (Cypher) que por suposto tamén ten un fotolog. De feito o seu fotolog consiste en subir cada día unha foto dun prato de comida. Os que teñades curiosidade por visitalo aquí o tendes: http://www.fotolog.com/cypher
Este home dáme a min que non lle debe afectar moito a crise, entre outras cousas por que a pesar de que a web é gratuíta existe unha modalidade na que hai que pagar.

Dicir que o deseño desta páxina web é bastante bo, xa que é moi doado de aprender a manexar. No centro da páxina temos unha ventá na que nos aparece a foto e na parte de abaixo podemos poñer o texto. Seguido do texto aparecerá o libro de visitas (só naqueles usuarios que o tiñan activado) ó lado esquerdo da foto aparecen as 5 actualizacións anteriores e na banda da dereita aparecen os 5 amigos ou favoritos que actualizaron recentemente.

Na miña opinión este tipo de blogs son unha boa idea sobre todo pola súa facilidade de manexo, o peor sería a cantidade dos contidos, xa que nun blog tradicional ti podes ver todos os contidos publicados por exemplo nun mes dentro da mesma pantalla. Pola contra en fotolog só podes ver os arquivos xeralmente por día e os textos teñen tamén un límite.