martes, 30 de diciembre de 2008

PEDIMOS A VOSA SOLIDARIEDADE

ola compañeiros audiovisuais:
Nestas datas de paz e amor e cheas de solidariedade, queremos pedir a vosa colaboración para que a páxina web sexa todo un éxito (isto tamén ven influenciado pola opinión dunha leitora anónima no pasado comentario).
xa sei que temos o blog algo abandonado, xa sabedes, os traballos (e o traballo) abrúmannos e estamos dedicados a tantas páxinas webs polo mundo adiante que... :))

Bueno, o que ía dicindo, queremos pedirvos algún consello que vos pasase en particular relacionado co tema económico, se vos vistes tan apertados que tivestes que disfrazarvos e ir pedir á quintana ou cousas así, como pode sobrevivir un estudante cos poucos ingresos recibidos (oxalá lea isto o ministerio de educación, política social e deporte) e como o afrontastes. Buscamos sobre todo respostas orixinais (pero non vale inventar) (veña, sí vale).

A nosa web está en proceso de creación e apuntar que xa fixemos caso das vosa speticións, como unha amable leitora nos puxo, haberá receita de lentellas, como non, e todas sinxelas d efacer, non coma as do arguiñano este que ás veces non sei de onde quita os ingredientes por que fai cousas máis raras...ala, xa me lio...O MEOLLO DA CUESTIÓN
DEIXÁDENOS PLASMADA EN FORMA DE POST (non custa nada, APADRÍÑANOS, é só un post)

:)

E creo que sen máis dilación..despedímonos

Un bico e un saúdo

E FELIZ 2009 ( non podo ser menos que Andrea jajaja)

Coidado coas uvas¡

2 comentarios:

Andrea dijo...

Boas!

Tal é a envidia eh! XD

Pois non sei nos o máximo que facemos para aforrar e traer a comidiña feita da casa polas nosas mamás (e así o chegarmos a casa o xantar xa está preparado. É quentar e listo. Así evitamos comer fora.

Por outro lado a compra faise nos supermercados máis económicos: Día e en acasións Alcampo (mercando as marcar brancas afórrase unha burrada eh! Ainda que pareza mentira)...

E logo como moito evitamos ó máximo pasar por zonas de tendas (pois a tentacion sempre está presente XD) e as quedadas para pasalo ben un xoves ou así fanse na casa (na nosa ou na dalgún amigo) e así aforramonos as consumición dos bares e... tendo en conta a nosa carreira a saída o cine: sae moito máis económico ir a biblioteca e coller unha peli!

Espero que estas verbas vos axuden de algo!

Un bico enooooorme e reitero a miña felicitacion: FELIZ 2009!

la_anemona dijo...

ben, pois eu a isto teño varias cousas que dicir...

non por experiencia propia, que xa me gustaría para aforrar un pouco nestes tempos de crise, senó porque coñezo a algunha que outra persoa con bastante maña para arranxarse con poucos cartos...

por exemplo, recorrendo a unha alimentación do máis estrafalario: sándwiches de azucre, tortiñas recheas de queixo raiado, comer lentellas e non cear, e ó dia seguinte non comer e cear lentellas...

Vense cousas moi raras polo mundo, non si?

Non diga que llas recomendades ós vosos visitantes, pero asegúrovos que o que vos conto está baseado en feitos reais.