martes, 23 de diciembre de 2008


Seguramente que moitos de vos (por non dicir todos) algunha vez tivestes ou (tedes) un fotolog. Pois dalgunha parte terán que saír os 2.170.819 de usuarios que ten a rede fotolog en España (case case tantos membros como electores cos que conta o noso país). En total no mundo veñen sendo máis de 22 millóns e medio de persoas que dispoñen dun fotolog.
Orixinalmente coa palabra Fotolog referíase a unha variante de Blog, que consiste basicamente nunha galería de imaxes fotográficas que se acompañan dun texto que as veces era tan importante ou incluso máis importante que a propia foto. Ademais, esta páxina tamén permite que se escriban comentarios no libro de visitas (antigamente calquera persoa podía comentar nun fotolog, pero posteriormente os seus creadores decidiron que só poderían firmar nel as persoas que tamén dispuxesen dun fotolog)

Un dos creadores de fotolog foi Adam Seifer (Cypher) que por suposto tamén ten un fotolog. De feito o seu fotolog consiste en subir cada día unha foto dun prato de comida. Os que teñades curiosidade por visitalo aquí o tendes: http://www.fotolog.com/cypher
Este home dáme a min que non lle debe afectar moito a crise, entre outras cousas por que a pesar de que a web é gratuíta existe unha modalidade na que hai que pagar.

Dicir que o deseño desta páxina web é bastante bo, xa que é moi doado de aprender a manexar. No centro da páxina temos unha ventá na que nos aparece a foto e na parte de abaixo podemos poñer o texto. Seguido do texto aparecerá o libro de visitas (só naqueles usuarios que o tiñan activado) ó lado esquerdo da foto aparecen as 5 actualizacións anteriores e na banda da dereita aparecen os 5 amigos ou favoritos que actualizaron recentemente.

Na miña opinión este tipo de blogs son unha boa idea sobre todo pola súa facilidade de manexo, o peor sería a cantidade dos contidos, xa que nun blog tradicional ti podes ver todos os contidos publicados por exemplo nun mes dentro da mesma pantalla. Pola contra en fotolog só podes ver os arquivos xeralmente por día e os textos teñen tamén un límite.

6 comentarios:

universo_sap dijo...

Qué blog máis interesante. Espero que sigades na misma liña, que pinta moi ben.

Saúdos!

Vero dijo...

Ola compañeiro!!

Eu só estou en contra de que para ter máis comentarios haxa que ser Gold e ter que pagar...
Polo demais, gústame bastante o fotolog, aínda que considero que tuenti gáñalle en deseño por goleada xa que permite subir moitas máis fotos, aínda que claro, o obxectivo é diferente. En fotolog, podes comentar unha foto cada día (claro, se non eres gOLd) pero só unha foto. Se queres subir máis fotos? Pois aí tes tuenti, eu creo que a maioría da xente estrá dacordo comigo en que tuenti revolucionou o campo dos fotoblogs nun senso máis amplo, pero os casos de facebook e similares tamén están en auténtico auxe.

Ocorre como con tódalas novidades, cando hai algo que supera á anterior queremos esa, e aquí en internet temos a sorte de que podemos telas todas se queremos, como no meu exemplo e na maioría: teño un fotolog, un blogspot(grazas a deseño jaja), un tuenti, un facebook, un myspace e...creo que non me esquezo de nada...heehe.
Por certo, cambiaron estos días o deseño da páxina de fotolog non?ou equivócome??

Bueno, xa estás comentado por hoxe albertiño, alaa

Un bico desde Lugo para Vilarmide

(bico frío por suposto)

@adr1kun dijo...

solo hay 2 millones y pico de electores en españa¿? aun me extraña a mi... jaja

muy grande el fotolog, pero la gente lo está dejando de lado... lo hecho de menos!

reivindiquemos más fotolog!

FELIZ NAVICAV!

pablo.anconitana dijo...

no creo que Tuenti haya cambiado la aplicación de Fotolog... simplemente creo que es una página que satisface más rápidamente las necesidades sociales de atención de sus usuarios, ya que "obligas" a otras personas a que se enteren de lo que tú haces o piensas.

Me parece muy deprimente cómo se han ido dejando de lado diferentes formas de comunicación a favor de otras nuevas, alegando que son más rápidas o efectivas. Realmente, creo que todos sabemos que no es lo mismo una llamada telefónica o un correo electrónico que un comentario en el Fotolog.

Cada página web, cada sistema de comunicación está ideado con unos objetivos y para satisfacer unas necesidades concretas. El trabajo -en ocasiones un éxito- del usuario es saber sacar de ellas el máximo partido, utilizándolas para lo que realmente son (aunque el tiempo pueda determinar nuevos usos). No hay que olvidar que cada página es en fondo un negocio, y los usuarios somos importantes en cuanto a consumidores.

pablo.anconitana dijo...

Para contestar a Alberto, comentaré que mi asignatura de Documentación si fue realmente bastante útil, ya que sí aprendimos los diferentes medios y recursos a los que acudir para recabar información de cualquier tipo y soporte sobre cualquier tema.

Anónimo dijo...

Para nada de acuerdo Alberto. El diseño de Fotolog me parece tremendamente básico y vacío. Separemos estructura de estética, porque si en lo primero es cierto que la idea de las dos columnas y el centro puede ser interesante, luego la concreción es penosa. Cambios de fuentes, tamaños, subrayados sin sentido, cursivas, links que no se ven...

No entiendo el éxito de Fotolog, me parece una web en claro declive no porque otras mejores aparecieran (evidentemente Tuenti no es comparable en el objetivo), sino porque en su día fue el único medio que nuestra generación encontró, y ahora al haber otros, queda relegado al sitio que le corresponde.

Te loo dice uno que pagó por ser GoldCamera como bien sabes, y que tiene a sus espaldas más de 600 extensísimas actualizaciones y miles de comentarios durante dos años enteros.

Pero uno se acaba cansando de una página tan cutre, lo digo sinceramente.

Un abrazo.