Ola bloggeir@s!
Grazas por contribuír a todos cos vosos votos e comentarios para o noso nome da web, á fin e como queda rexistrado nos votos da enquisa e ante notario gañou AO LÍMITE, polo tanto, ese será o seu nome. Xa estamos dándolle os últimos retoques, sabemos que algúns de vós xa acabestes (a estes noraboa xD) e outros tamén están no noso caso, sabemos que o traballo é complicado e máis a estas alturas de cuadrimestre...
Axiña colgaremos un adianto dalgún deseño da páxina, aínda que xa sei que moitos de vós xa coñecedes a nosa mascota...jejeje.
Sen máis, vou rever nanook o esquimó.
Bicos
Mission Impossible Fallout Full Movie Images
Hace 6 años
5 comentarios:
vivaaaa vivaaaaaaaaa
gañou ao limitee, ke gran nomeee
e xa estamos todos desexando ver esa paxina web co pavo pavero ese heee
a min molabame tineillers!
Está ben a idea de pechar as bitácoras por peche de actividades.
Tamén hai que recordar a estrutura de carpetas que fixamos previamente e que en cada carpeta só estean os arquivos necesarios. Hai que limpar o que non sirva.
marotlo
A entrega e presentación dos proxectos será o vindeiro mércores, día 18, ás 17:00, na AI6.
Na presentación hai que contar:
- Razóns da elección do contido
- Razóns da elección do deseño. Rasgos diferenciadores
- Razóns do interese dó sitio
Aproveito para informarvos do taller:
Obradoiro de Técnicas de Animación Dixital (Flash)
Programa
Teoría da animación. Técnicas de animación con Flash. Fundamentos básicos da animación. Animación tradicional. Animación de símbolos. Animación con fontes
Conceptualización de proxectos e comprensión dos mecanismos da animación. Storyboard dixital. Aspectos básicos de programación en Action Script
Horas: 30
Horario: De 17:30 a 20:30 horas
Datas de realización: Do 14 ó 29 de abril
Periodo de preinscricion: Do 23 ó 28 de marzo
Lugar de preinscricion
Secretaría do Departamento de Ciencias da Comunicación (3º andar). Facultade de Ciencias da Comunicación.
Teléfono, 981 563100, extensión, 16522
Período de matrícula: Do 30 de marzo ó 7 de abril
Profesorado: Fran Pedreira
Número de alumnos
- Mínimo: 13
- Máximo: 23
Prezo matrícula: 70 euros.
1 crédito de libre configuración
marotlo
Para adiantar as vosas saídas de Compostela, quedamos ás 16:00 horas (en lugar das 17:00) na AI6.
marotlo
Publicar un comentario