martes, 24 de marzo de 2009

cualificacións Alberto Pose

Ola a todos. Despois de moito tempo sen actualizar (debido entre outras cousas aos exames, aos traballos, etc) esta será unha das miñas últimas actualizacións para evaluar as páxinas web.

RADIOACTIVOS

ASPECTOS POSITIVOS:
- A idea da páxina web. Paréceme moi orixinal, xa que é raro ver webs nas que se fale de radio ou se poida saber a súa programación. Ten o aspecto negativo de que a radio é un medio que como sabemos tende á ser cada vez menos escoitado.
- O deseño e a organización da web. Está moi ben estructurada.
- No proxecto utilizaron os 3 programas que demos na clase polo que é un aspecto a ter en conta.

ASPECTOS NEGATIVOS.
- Como xa dixen a idea tamén ten a súa parte negativa, a radio é cada vez un medio menos escoitado.
- Existen demasiado enlaces externos.
- O contido. Na miña opinión podería ser máis amplo

PUNTUACIÓN: 9

QUETEQUERO.

ASPECTOS POSITIVOS:
- O traballo co flash. Sen dúbida é o mellor da web e é algo que leva moito tempo ademais de ser difícil.
- Os debuxos.
- É unha páxina web con bastante contido

ASPECTOS NEGATIVOS:
- O nome da web, pois a min recórdame moito a esta outra http://querote.org/ ás veces o nome da páxina parece unha parvada pero neste caso temos o exemplo de que ás veces hai que pensalo mellor.
- Nunha páxina na que se fala sobre sexo bótase de menos un apartado no que se fale sobre anticoncepción.
- Os test.

PUNTUACIÓN: 8,75

TUTIFRUTI.

ASPECTOS POSITIVOS:
- A idea. Hai pouca xente a día de hoxe que pense no público infantil coma vos. Paréceme moi acertada.
- Os debuxos e as historietas sobre froitas.
- O deseño, é sinxelo pero fácil de manexar.

ASPECTOS NEGATIVOS.
- A pantalla que non se adapta a moitos ordenadores.
- A páxina de inicio.
- As cores.

PUNTUACIÓN: 7

KEN AND THE DOLLS

ASPECTOS POSITIVOS:
- A utilización da música
- As cores elixidas e o deseño en si.
- A técnica está bastante traballada.

ASPECTOS NEGATIVOS.
- A idea en si xa que é bastante recurrente.
- As cancións que son algo obscenas.
- O pixeladas que están algunhas imaxes.

PUNTUACIÓN: 8,5

ZAPA

ASPECTOS POSITIVOS:
- A utilización da música, xa que non houbo moitos que se atreveran con ela.
- O deseño da web e as cores elixidas.
- Os botóns.

ASPECTOS NEGATIVOS:
- A páxina sae descentrada nalgunhas pantallas.
- A idea en si. Sobran páxinas sobre grupos de música (de feito fixéronse 3 na mesma clase)
- O deseño do fondo.

PUNTUACIÓN: 9

ARTESALA.

ASPECTOS POSITIVOS:
- O menú de nevegación
- O index
- Os contids

ASPECTOS NEGATIVOS
- As imaxes que algunhas están moi pixeladas.
- O fondo que crea un gran contraste co que hai dentro
- O logotipo. Non se entende moi ben dentro do resto do contexto da web.
PUNTUACIÓN: 8,75

MINIMALAB

ASPECTOS POSITIVOS
- O index
- A idea en si
- As cores elixidas

ASPECTOS NEGATIVOS
- O tipo de fonte xa que hai tipos distintos de fontes en distintas seccións.
- Non hai moitos contidos.
- O deseño de logo

PUNTUACIÓN: 6,75

OITENTEIROS.

ASPECTOS POSITIVOS
- A idea en si.
- O contido multimedia que ten. Menudos recordos.
- O menú é sinxelo e fai que a páxina sexa manexable.

ASPECTOS NEGATIVOS:
- O deseño non me acaba de convencer
- O index
- As cores fan que parezca algo infantil a páxina.

PUNTUACIÓN: 7,5

GUIONIZA

ASPECTOS POSITIVOS
- Boa utilización do flash
- Gustaronme moito os vosos guións (sobre todo un feito por un tal Alberto Pose) xD
- O deseño do libro é moi orixinal

ASPECTOS NEGATIVOS
- A páxina vese moi pobre e con demasiados links exteriores
- O deseño do libro está ben pero quédase niso... bótase de menos algo máis.
- Bótase de menos a existencia de imaxes ou música

PUNTUACIÓN: 7

WONDERFUL5

ASPECTOS POSITIVOS
- As imaxes. Son moi boas.
- A idea en si. É moi boa
- As cores elixidas

ASPECTOS NEGATIVOS.
- O logotipo que parece que está algo pixelado.
- Os apartados que parecen poucos.
- A min non me funcionan ben moitos enlaces.

PUNTUACIÓN: 8,25

AOLIMITE (a nosa)

ASPECTOS POSITIVOS.
- A idea en si. Pareceme orixinal, xa que son moitos os estudantes que non saben desenvolverse sen as ordes/diñeiro dos seus pais.
- As animacións.
- A sección de cociña.

ASPECTOS NEGATIVOS
- Quizais estea un pouco desordenada.
- O fondo que quizais pensamos que ía quedar mellor.
- Os problemas que tivemos para subila.

PUNTUACIÓN: 9

2 comentarios:

Anónimo dijo...

pois a verdade, vou facer a miña valoracion persoal da vosa web¡¡
creo ke e unha paxina web moi moi entretida, cuns contidos ke alem de ser interesantes poden facer psarxe un gradisimo anaco de tempo¡¡
o seu caracter ``infantil´´ por xamalo de algunha forma, oke consegue e desde o meu punto de vista, e facer que ainda que nos vexamos xa na universidade, vivindo sos, sen axudas de pais, irman etc e que non se nos olvide que pesa a todo seguimos sendo un nenos, uns nenos, seguimos a gostar dese espiritu de felicidade e alegria.
o meior da paxina web os pavo, esta super bonito e interesante, e tamen moi ben o aspecto economico.
cecais votase en falta mais variedade de comidas, e sobre todo no ambito de sair, creo ke os lugares e as definicions son algo curtas¡¡¡
no ke se refire a aspectos tecnicos, non entendo muito mais direi ke pesa a alguns falliños ke se poden observar, pra mser a primeira non esta nada nada mal.
amiña nota e de un 8¡¡ poñoa porke me fai ilusion hehe

Anónimo dijo...

Pensade que a orixinalidade sempre ten algún premio. Pero para ser orixinal e creativo hai que traballar. A inspiración romántica non existe, agás, en moi, moi contadas ocasións.