jueves, 26 de marzo de 2009

And the winner is... (PUNTUACIONES)


Ola a tod@s!
Esta é unha entrada triste, a última entrada do blog botalleterra pola miña parte... Sabemos que todo ten un fin, así que como imos morrer facede un seguro...ehh...se me vai o tema...iso que todo ten un fin, e este, é só académico. Así que non temos por que fechar os blogs, co bonitiños que son, podemos seguir furgallando en eles e poñer cousas interesantes non si? NON Ó FECHE DE BLOGS!!! ELES TAMÉN QUEREN VIVIR!!

Bueno, xa basta que unha coa emoción xa non sabe que escribire estoume parecendo a Tita Cervera, é hora de facer as votacións para a miss/mister web diseño gráfico 2009, aí van as miñas, todas están moi ben, hai unha que se chama aolimite que se sae do panorama pero bueno, seguro que xa o sabedes , ;)

RADIOACTIVOS

Esta web paréceme interesante xa que está relacionada cun medio cada vez con menos apoxeo: a radio. Creo que este medio precisaría moitas máis webs este tipo para aumentar este auxe dos medios de comunicación que se encontran en desuso.Esto facilitaría que as persoas foran máis conscientes das programacións e demais contidos interesantes que moitas veces non presenta a radio fronte a moitos programas que vemos na televisión que non teñen sentido ningún.

Aspectos positivos
1. Gústame moito a presentación en forma de radio antiga, é moi orixinal
2. Os enlaces, que permiten acceder a moitos contidos e escoitas en directo
3. A utilización de tódolos programas, xa que demostra un bo dominio da técnica

Aspectos negativos
1. Profundizaría máis no apartado de noticias e colocaría tamén enlaces nos títulos destas, xa que tamén é algo importante
2. Por criticar algo máis, non me encaixa moito o nome da web, é dicir, non me gusta, pero todo é cuestión de gustos, eh. ;)
3. Quizais incluír á Cope pódese entender como un aspecto negativo pero como forma parte do mundo hai que deixala, ata aquí a a miña valoración. :))

Puntuación para Radioactivos:
tatatachan... 8.45

QUETEQUERO

Esta páxina de contido sexual-amoroso paréceme bastante orixinal aínda que algúns apartados sexan demasiado "excéntricos e fantasiosos". Polo demais, está moi ben.

Aspectos positivos
1. Gústanme moito as cores utilizadas e os debuxos
2. A utilización do flash é moi profesional, nótase que aprendestes moito e dominades ben a técnica
3. O apartado de curiosidades

Aspectos negativos
1.
Os tests, que sempre dan a mesma resposta.
2.
Algúns enlaces non funcionan ou quizais non me funcionan...
3. Consideraría que estes temas estiveran tratados un pouco máis dende un punto de vista realista do amor e do sexo que da fantasía.

Puntuación para QUETEQUERO...

tatatchanntatnnn... 8.65


TUTTIFRUTTI

Esta web dun grupo musical é un tema bastante recorrido pero non deixa de ser atractivo e orixinal, aínda que postos a representar as diferentes froitas, eu optaría por fabricar os disfraces de forma que cada un se diferenciase máis do outro e se lograse con máis forza o que desexades transmitir. Outra cousa que quería destacar é que non sei como deixastes actuar a Jonny Banani de solista nalgúns temas xa que a súa afinación é claramente desastrosa. xDDDDDD

Aspectos positivos
1. A boa estructuración da páxina, que é bastante accesible en tódolos ámbitos
2. A orixinalidade dos nomes dos compoñentes do grupo infantil
3. Os discos e cancións inventadas tamén me gustaron aínda que exista algún que outro plaxio xDD

Aspectos negativos
1.
Bótanse de menos máis animacións das froitas nos diferentes apartados, daríalle á páxina moito máis dinamismo
2. Como xa dixen, a utilización de disfraces que representaran a froita de cada un quedaría estupendo
3. Tamén me gusta moito o videoclip aínda que esperaba que transformarades unha canción enteira e seríaaa wonderful macedonia. xDDD

Puntuación para TUTTIFRUTTI

tatatachatanaa... 8'04


KEN & THE DOLLS

A verdade é que me sorprendeu moito esta web porque esperaba outro estilo musical diferente :), pero é moi divertida, en especial as cancións. teño que reconocer que me perdín o programa de Pablo Motos o outro día pro seguro que o fixestes moi ben.

Aspectos positivos
1.
A inención de cancións propias
2. A inclusión do apartado de escoita das cancións e o vídeo do inicio (sinxelamente xenial)
3.
A estructura e accesos da web están realmente moi ben

Aspectos negativos
1.
O son da páxina, que se abre automaticamente, non é de todo bo para persoas que, coma min, non se acordan de que teñen os altofalantes a todo volume
2. Que teñades máis concertos que Costamar!!! (grrrr...)
3. Gustaríame ver algunha portada deses discos que grabastes...jeje

Puntuación para KEN &THE DOLLS

tatatachanntannn... 8.90


ZAPA

Creo que sen dúbida esta é a miña páxina web preferida deste ano (despois de aolimite claro, xDD) así que vai ser difícil poñer os aspectos negativos xa que todo o deseño me parece bestial e totalmente logrado o obxectivo final.

Aspectos positivos
1. A
presentación paréceme moi interesante e orixinal
2. Tódolos apartados están sumamente traballados e gústame especialmente o de música e a posibilidade de descarga, ademais das fotos e a profesionalidade da fotógrafa.
3. A web en si encántame

Aspectos negativos
1.
Que non haxa un email de contacto persoal de Zapa para que @s fans lle deixen as súas cartas...
2. Quizais o enlace do inicio co myspace resta algo de interese para ver a páxina, xa que quen entre no myspace pode ver cousas relacionadas...ben, é por dicir algo, xDDD
3.
Que o rapaz sexa tan bo en todo...desperta algo de envexa... jjj


Puntuación para ZAPA

TATATATCHATANNN... 9,99



ARTESALA

E
sta web é bastante alternativa e moi diferente ós productos creados nos grupos, así que demostran ser bastante orixinais e marcan algunha que outra diferenza con respecto ao resto. Unha web moi boa, con moitos elementos técnicos e con moitas doses de humor que fai moi amena a súa visita.

Aspectos positivos
1.
A organización do material, xa que está totalmente accesible e os enlaces axudan moito a esta función.
2. A presentación da páxina chamoume moito a atención
3. As cancións son xeniais, sobre todo as letras, jajaja, aínda me estou rindo...

Aspectos negativos
1.
A elección de R.S.S para vocalista dalgunha canción, é realmente deprimente (pro acojonante,jaja)
2. Que non haxa un email de contacto dos autores, para facer chegar dúbidas... :P
3. Os comentarios subliminais ó final dalgunhas cancións réstanlle algo de prestixio...xDDDD


Puntuación para ARTESALA

tatatchatatan.... 9,25


MINIMALAB

A
web que presentades tamén ten ese apartado particular que a fai diferente das presentadas na clase, a idea da empresa minimalista é moi orixinal e está moi ben tratada na vosa web.


Aspectos positivos

1.
O nome da web paréceme moi acertado

2. A estructura é moi clara
e a idea de poñer o índice na parte inferior parécem unha idea acertada.

3. Gústame especialmente o apartado de música.



Aspectos negativos

1. O
contido é demasiado escueto quizais debería haber máis información das diferentes artes

2. Bótase de menos unha opción para ampliar as fotos para apreciar mellor os detalles

3. Eu optaría por algunha combinación con máis colorido, xa que dedicándose á arte, é un aspecto a ter en conta.


Puntuación para MINIMALAB


tatatachantatan... 8



OITENTEIROS


Esta web tráenos lembranzas da infancia, e provoca algo de morriña... :( Demostra que algunhas cousas non cambian ó longo do tempo e que aqueles tempos foron os mellores, ;) Gustoume moito aínda que tiven algúns problemas para vela enteira. :S


Aspectos positivos

1.
O tema escollido é moi bo, como xa apuntei
2. O contido que é moi amplio e onde podes atopar de todo¡¡¡
3. Os enlaces a vídeos e demais son de grande axuda.

Aspectos negativos

1.
Quizais é poblema só meu, pero non se me ve un cachiño de páxina ao final.
2. As cancións tardan bastante en cargar (quizais tamén só é problema meu, xDDD)
3. Non me gustan as barbies


P
untuación para OITENTEIROS


tatatatchannn..... 8.15


GUIONIZA

Unha web máis orientada ó que pretendemos dedicarnos no noso futuro profesional, paréceme moi útil aínda que ten algún que outro detalle que se podería mellorar.

Aspectos positivos

1.
A utilidade da información, como xa dixen, sobre todo no concerniente ós consellos para a creación de guións, seguro que son de grande axuda para que algún día poidamos crear un corto de tan grande éxito como Exceso Antropomórfico...
2.
A idea do documental de Alberto Pose, é realmente xenial.
3. A presentación en forma de libreta gústame moito tamén.

Aspectos negativos

1.
Para o meu gusto a páxina está demasiado baleira.
2. Non me gusta moito o apartado de noticias nos "post-its"
3. Incluiría máis consellos para os futuros cineastas.


Puntuación para GUIONIZA

tatatatachannn... 8,05



WONDERFUL 5

A páxina destes compañeiros situada no límite da ciencia ficción é un claro exemplo do asombroso e estrañas que poden ser as mentes dos comunicadores audiovisuais... xDDD
A idea da creación dun grupo de superheroes é moi ambiciosa e bótase de menos algunha que outra cousiña, pero é moi divertida.

Aspectos positivos
1.
A idea do grupo e tódalas historias dos compoñentes son realmente curiosas e fantásticas
2. Gústanme moito as cores da páxina,así como o vestiario aínda que Cassandra vaia demasiado provocativa... ;)
3. A presentación da páxina tamén me gusta bastante

Aspectos negativos
1.
Boto de menos algunha información máis sobre o grupo en si, sería interesante saber algo máis das súas aventuras
2. Serían de axuda algúns enlaces máis para volver ó contido da web en determinados apartados
3. Que exploten a menores como Dorita que deberían estar no colexio estudando. (por favor...)

Puntuación
para WONDERFUL 5

tatatatatchannn... 8


AOLÍMITE

A nosa web, que esperamos que vos gustara, ten os seus falliños pero foi feita con moita ilusión e ás veces, con penalidades, pero á fin está aí para que a poidades ver, é díficil puntuar o propio, pero normalmente sempre se di que cada un é moito máis crítico so seu, non? É que é como unha filliña xa...aissss, aí vai:

Aspectos positivos
1.
As animacións en Flash dos paviños e moitas máis que lle debemos en especial á nosa compañeira Bochiña, que é a mellor deseñadora do mundo mundial.
2. A utilización de cores xoga un aspecto importante e cremos que dota de simpatía e moito colorido ó que queremos transimitir.
3. A información para os estudantes tamén cremos que pode resultar de grande axuda.


Aspectos negativos
1.
A información podería estar mellor disposta
2. A dificultade de acceso nalgúns apartados
3. A utilización do scroll dificulta a leitura da información.

Puntuación para AOLIMITE

tatatatatatatatattatatatatchannnnn... 8.5

Agora gustaríame facer o RÁNKING das webs que puntuei, para ver quen se converte en miss/mister web diseño gráfico 2009 e os respectivos premios:

1º posto: ZAPA¡¡¡ Premio: mister web deseño gráfico 2009 (dotado con 1000 euros e un aprobado)
2º posto: ARTESALA !!! Premio: miss web deseño gráfico 2009 (dotado con 1000 euros e un aprobado)
3º posto: KEN & THE DOLLS !!! 1ª dama de honra web deseño gráfico 2009 (dotado con 800 euros e un aprobado)
4º posto: QUETEQUERO !!! 2ª dama de honra web deseño gráfico 2009 (dotado con 600 euros e un aprobado)
5º posto: AOLÍMITE !!! Premio á orixinalidade e á simpatía web deseño gráfico 2009, dotado con 500 euros e un aprobado)
6º posto: RADIOACTIVOS !!! Premio á utilidade e difusión comunicativa web deseño gráfico 2009, dotado con 450 euros e un aprobado)
7º posto: OITENTEIROS !!! Premio á lembranza dos tempos xóvenes wed deseño gráfico 2009 (dotado con 300 euros e un aprobado)
8º posto: GUIONIZA !!! Premio á mellor web sobre guións e demais materia web deseño gráfico 2009 (dotado con 250 euros e un aprobado)
9ºposto: TUTTIFRUTTI !!! Premio á mellor web sobre grupos infantís musicais web deseño gráfico 2009 (dotado con 200 euros e un aprobado)
10º posto e 11º posto: MINIMALAB E WONDERFUL 5!!! Premio á orixinalidade sobre arte miniamlista web deseño gráfico 2009 e premio á mellor páxina sobre creación de superheroes web deseño gráfico 2009 (dotado ámbolas dúas con 150 euros e dous aprobados, respectivamente)



E creo que non me esquezo de ninguén se me esquezo xa sabedes, deixade algún comentario e só dicir que algunhas veces pois non tiña argumentos para poñer cousas negativas así que inventei un pouco (nese scasos nótase eh).

Perdoade polas moitas veces que puxen orixinal, interesante e outro derivados... xDD

Para calquera dúbida ou comentario manden un email a veronicacostamar@gmail.com ou as miñas diferentes páxinas webs que teño polo mundo adiante. Foi un placer compartir a experiencia grafica desta web pero como dicía ó principio é hora de fechar unha etapa e abrir outra (que xa nos demoramos demasiado, hehehe)

Un bico e ata outra!!!!!!


PD: Para consultar a entrega de premios e aprobados falar con Marotlo, ademais da entrega dos orzamentos das webs.

:)


VERÓNICA CAMBÓN NÚÑEZ


1 comentario:

Anónimo dijo...

É unha pena que as valoracións non obtivesen unha maior participación dos implicados. Parece que como nos oscar todo está atado e ben atado, sen sorpresas, dentro dos límites do compañerismo¡¡¡¡.
marotlo