Ola a todos!!
Somos o grupo este que escribe pouco pero que le moito eh¡¡¡ xD. Queriamos transmitir a través da nosa bitácora (a que é feitiña eh¿?) as nosas ideas para a web que temos pensado facer. Como xa expuxemos na clase (para os que non foron ese día, farémolo aquí de novo, non é por dar nomes) a nosa idea era facer unha páxina para o universitario actual. Quixéramolo centrar en Santiago de Compostela, xa que a nosa xeografía galega é tan ampla que non poderiamos abarcála toda...
Principalmente constaría de tres seccións, que dunha forma ou outra estarían orientadas a face-la vida máis sinxela e sobre todo, barata, para todos nós (os estudantes). Para moitos, que aínda que vivan dos pais, ás veces os cartos non chegan e aos outros que viven do seu propio soldo,onde os cartos tampouco sobran. Non falaremos dos que non viven dos pais nin teñen soldo, porque milagres non podemos facer. Queda dito.
A COMER!! Nun apartado (onde aínda está o nome por decidir) escribiríamos recetas de cociña, cousas sinxelas pero non aptas para inútiles, supoñemos que xa o acto de vivirmos independizados estudantilmente xa nos da pé a saber como se fríe un ovo. Optaremos por poñer unha receta para cada día da semana, alternando carnes, peixes, verduras e actualizando cada semana. Neste mesmo sitio, daríamosvos a opción máis barata para os ingredientes , é dicir, por exemplo, se facemos spaguettis con tomate, pois destacar onde os spaguettis son máis baratos, o seu prezo e así con tódolos ingredientes.
ECONOMÍA Neste mundo cheo de crise onde nos toca vivir, cremos que este será o apartado máis recorrido por todos vós. Intentaremos (intentaremos) ofrecervos axuda con temas
relacionados cos nosos petos, case sempre baleiros. Información arredor de bolsas (becas) e axudas en xeral para o estudante de a pé, que moitos non saben da súa existencia, outras como os supermercados máis baratos, e cousas interesantes que podedes facer para gañar cartos sinxelamente (ollo¡¡Non daremos consellos para gañar cartos deitados na cama eh?Hai que curra-lo un pouco¡). Neste apartado tamén haberá un apartado de anuncios varios, onde poderedes buscar traballo, comprar aquilo que se vende, buscar piso ou habitación, bueno, esas cousas que se ven nos anuncios normais pero orientado a nós, as promesas do futuro (Nota: non se incluirán anuncios de relax, a non ser que haxa algun compañeiro/a que o pida expresamente).
MOVIDA NOCTURNA- Isto tamén pode resultar interesante xa que por todos é sabida que a vida do estudante (sobre todo mércores, xoves e algúns directamente de luns a domingo) xira entre as 8-10 da mañá e as 4-6 da mañá) Falamos de horas de erguerse e deitarse respectivamente ;) . Trataremos os locais de moda, os que xa pasaron de moda pero teñen boa sona, os que non teñen boa sona e os peores de todo, para que teñades onde elixir. Claro que non será esa a clasificación, xa que queremos facer unha páxina obxectiva, sobre todo OBXECTIVA. Seguindo co tema dos locais, falaremos da clase de persoas que os adoitan ocupar, para que cada un elixa o que máis lle conveña, xa sabemos que a estas alturas teredes os vosos locais preferidos pero non está de máis saber outros, nunca se sabe onde podemos acabar... Tamén afondar nas copas, e establecer unha relación calidade-prezo, xa que de todos é sabida a práctica masiva dalgúns "pafetos" coñecida popularmente como "garrafón". Tamén vos daremos consellos para aforrar esas noites de movida e que aínda que teñas un euro poidas saír igual e pasalo ben. (sí sí, é certo)
Esta sería a información principal, cunhas cantas ideas secundarias que poden estar suxeitas a cambios dependendo do desenrolo da páxina, (é dicir se nos custa moito..haberá que economizar partes e algunha podería desaparecer, pero non é o noso obxectivo, QUE CONSTE EN ACTA). Gustarianos saber o que opinades e tamén algunha idea que vos gustaria que incluísemos (neste caso reunirase o comité de sabios e analizará a situación exposta), así como se non vos gusta, se a odiades, se nos odiades, se queredes matarnos, calquer cousa, é un blog totalmente libre. Queda dito.
Alba, Vero e Alberto
Comité de sabios
Un saúdo