Moi bos e felices días de comezo de ano,compañeiros!!
Como estades?Espero que ben. Hoxe intentei buscar algún tema interesante para comentar e atopei algo relacionado un pouco co noso tema de documental, as orquestas. Concretamente, os carteis das orquestas e o seu deseño que moitas veces deixa bastante que desexar. Comezarei por un deseño, que deu bastante que falar na súa temporada, da orquesta Versalles. Un deseño bastante convencional pero a verdade que o que máis chama atención aquí, non é o deseño en si,senón o tipiño que canta que ten a osadía de saír en calzóns, intentando (seguro)pasar desapercibido. A verdade que o deseño en si non está moi currado. Podedes ver que en anos sucesivos tampouco se esforzan por melloralo.


Mellor pasemos a outros exemplos. A orquesta Panorama, que seguro que quen máis ou quen menos, seguidor ou non de orquestas, a coñece. Nos seus comezos, o cartel de Panorama era algo así. Un deseño sinxelo, cos cantantes todos xuntos (como é habitual nos outros carteis), pero sen moita diferencia cos músicos, o sitio que ocupan é o mesmo, non como pode ocorrer co de Versalles (que aínda que sacasen o tipiño dos calzóns, non pasaría nada)

Pero a temporada pasada puidemos disfrutar dun deseño do cartel desta orquesta moito máis xuvenil e desenfadado, cun aire fresco a música para xente nova, que é o que levan na maioría do seu espectáculo. Aquí volo poño, a ver que vos parece. Un dos cantantes principais é o que aparece ao frente (Jorge) e despois os outros cantantes e os músicos.



Agora quero mencionar algunhas orquestas e grupos que conteñen no seu cartel unha referencia ao seu nome, como é o caso de Jerusalén, Kamelot o grupo Atenas. Non sei que vos parece, son máis orixinais, saénse do tradicional de caras e nome, pero quizais algún é demasiado arriscado, o que non lle vexo moita ciencia é o de Grupo Atenas, é unha fotomontaxe bastante cutre. Isto tamén hai que dicilo, os carteis das orquestas son mellores segundo son mellores as mesmas, como en todo na vida, sempre é cuestión de cartos ou ás veces un fotógrafo ou deseñador que o tome en serio.





E para rematar, como non podía faltar, a orquesta do noso proxecto, grande entre as grandes Olympus, que nos ofreceu fai dúas temporadas un aspecto cando menos rompedor:, que tampouco estivo exento de críticas, xa que sabedes a que anuncio se parece , non? Pensade un pouco, non volo vamos dar todo feito. xD

O ano pasado, despois de facer o seu récord guiness de 24 horas enriba dun escenario tocando sen parar, ofrecíannos esta nova imaxe militar que me recorda a un cartel de cine que fai pouco vin nalgunha actualización... O deseño é bastante orixinal e rompe algúns dos parámetros do que en carteis (afiches) de orquestas se refire:

Esta temporada que está comezando cambian totalmente de aspecto (ademais que de cantante) que tamén está empezando a ser criticado polo seu aspecto gótico, que, xa sabedes, nunca chove ó gusto de todos.
Aquí o tedes:

Ata aquí por hoxe, este tema daría moito para falar pero con estas pequenas referencias xa tedes para algún que outro comentario. Si??? SI??
Un bico!!