miércoles, 14 de enero de 2009

CÁLICO ELECTRÓNICO


Fai unhas semanas que o meu irmán pequeno non deixa de marearme a cabeza cuns videos que baixa de Internet sobre un tal superheroe chamado Cálico Electrónico.

Trátase dunha serie de animación feita con Flash que se distribúe pola rede e que leva tres anos de éxito imparable. Con máis de cinco millóns de visitas ao mes só na súa páxina web (aproximadamente as que imos ter nos coa nosa, sen dúbida!! Jojojo!!) trátase dun fenómeno de masas en Internet, grazas a uns videos que dende o meu punto de vista teñen unha orixinalidade, uns guións e un humor que fai que valga a pena perder un pouco de tempo en velos todos.

Por curiosidade entrei na páxina (www.calicoelectronico.com) e descubrín un deseño web sobre o cal me gustaría que opinasedes. Para o meu gusto a páxina paréceme excesivamente confusa. É moi colorida, iso si, e emprega unha estética e unha linguaxe moi acorde coa esencia da serie en si (moi “cachonda”) pero creo que ten un estilo demasiado recargado que fai difícil enterarse de tódalas posibilidade que ofrece a páxina, que non son poucas.

De todas maneiras…¿¿¿COMO SE PODE FACER ISO CON FLASH????

Que bochorno... a min que facer botar unha pelotita cutre me levou tres días…

(suspiro…)

UN SAUDO!!

3 comentarios:

Elena dijo...

El nombre Cálico electrónico es muy confuso, igual que la página, tienes razón

Anónimo dijo...

Pues si, sobrecargadísima la web, pero es lo que la gente que entra busca... Tampoco la serie es realmente minimalista no?

Un beso

pherreGZ dijo...

pois que queres que che diga peke, esa serie por xamalo de algunha maneira, pareceme malisima pero malisima e sin nada de gracia, faime menos ke os simsons asike imaxinate
e o deselo a verdade ek e demasiado especifico pra ese publico friki ke entrara a ver esa serie, creo ke o deseño xe e unha pekena forma de deixar claras as suas intencions.