martes, 6 de enero de 2009

Os carteis das orquestas (deseña que deseñarás...)

Moi bos e felices días de comezo de ano,compañeiros!!
Como estades?Espero que ben. Hoxe intentei buscar algún tema interesante para comentar e atopei algo relacionado un pouco co noso tema de documental, as orquestas. Concretamente, os carteis das orquestas e o seu deseño que moitas veces deixa bastante que desexar. Comezarei por un deseño, que deu bastante que falar na súa temporada, da orquesta Versalles. Un deseño bastante convencional pero a verdade que o que máis chama atención aquí, non é o deseño en si,senón o tipiño que canta que ten a osadía de saír en calzóns, intentando (seguro)pasar desapercibido. A verdade que o deseño en si non está moi currado. Podedes ver que en anos sucesivos tampouco se esforzan por melloralo.



Mellor pasemos a outros exemplos. A orquesta Panorama, que seguro que quen máis ou quen menos, seguidor ou non de orquestas, a coñece. Nos seus comezos, o cartel de Panorama era algo así. Un deseño sinxelo, cos cantantes todos xuntos (como é habitual nos outros carteis), pero sen moita diferencia cos músicos, o sitio que ocupan é o mesmo, non como pode ocorrer co de Versalles (que aínda que sacasen o tipiño dos calzóns, non pasaría nada)




Pero a temporada pasada puidemos disfrutar dun deseño do cartel desta orquesta moito máis xuvenil e desenfadado, cun aire fresco a música para xente nova, que é o que levan na maioría do seu espectáculo. Aquí volo poño, a ver que vos parece. Un dos cantantes principais é o que aparece ao frente (Jorge) e despois os outros cantantes e os músicos.




Agora quero mencionar algunhas orquestas e grupos que conteñen no seu cartel unha referencia ao seu nome, como é o caso de Jerusalén, Kamelot o grupo Atenas. Non sei que vos parece, son máis orixinais, saénse do tradicional de caras e nome, pero quizais algún é demasiado arriscado, o que non lle vexo moita ciencia é o de Grupo Atenas, é unha fotomontaxe bastante cutre. Isto tamén hai que dicilo, os carteis das orquestas son mellores segundo son mellores as mesmas, como en todo na vida, sempre é cuestión de cartos ou ás veces un fotógrafo ou deseñador que o tome en serio.



E para rematar, como non podía faltar, a orquesta do noso proxecto, grande entre as grandes Olympus, que nos ofreceu fai dúas temporadas un aspecto cando menos rompedor:, que tampouco estivo exento de críticas, xa que sabedes a que anuncio se parece , non? Pensade un pouco, non volo vamos dar todo feito. xD

O ano pasado, despois de facer o seu récord guiness de 24 horas enriba dun escenario tocando sen parar, ofrecíannos esta nova imaxe militar que me recorda a un cartel de cine que fai pouco vin nalgunha actualización... O deseño é bastante orixinal e rompe algúns dos parámetros do que en carteis (afiches) de orquestas se refire:


Esta temporada que está comezando cambian totalmente de aspecto (ademais que de cantante) que tamén está empezando a ser criticado polo seu aspecto gótico, que, xa sabedes, nunca chove ó gusto de todos.
Aquí o tedes:


Ata aquí por hoxe, este tema daría moito para falar pero con estas pequenas referencias xa tedes para algún que outro comentario. Si??? SI??

Un bico!!

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Si, da para comentar. Eu diría que se os carteis das orquestras se convertiran a un deseño profesional e ben feito, non parecerían de orquestras... Hai determinadas cousas, sobre todo en Galicia, das que costa sair, e poucas cousas tan propias desta terra como as orquestras, por iso que, se a esencia das mesmas pouco cambia (estilo de música, palcos, etc.) é complicado que cambie a promoción que teñen ao redor.

Panorama, París de Noia ou Olympus teñen cartos suficientes para contratar unha empresa publicitaria que lles fixera un bo deseño, pero claro, deixaría de parecer dunha orquestra.

Isto non quita, claro, que dende un punto de vista máis profesional a maioría dos carteis sexan un desastre.

Bicos!

Elena dijo...

El problema es precisamente el hecho de que los carteles de orquesta parecen hechos a bulto a propósito, como dice Álvaro.

Pero quitando eso, se nota la mejora en el diseño de los carteles de tu orquesta!

Besazos!

Anónimo dijo...

Sempre me fixeron moita gracia os carteis das orquestras...Todos aí colocados, distribuidos por un espazo en branco...jaja
O de Atenas horrible, claro está.
E os da Olympus son os mellores, aínda así moi recoñecilbles como de orquestra, como di alvaro.
Pero polo menos intentan ser mais profesionais e orixinais.

un Bico artista :)

Vero dijo...

Olaa, permíteme comentar a túa entrada, bochi querida. A verdade é que como di Álvaro, é difícil cambiar o deseño tradicional. Ás veces entra tamén moi en xogo co deseño, as zonas por onde esa orquesta actúe. É dicir, moitas orquestas están máis dirixidas a un público máis maduro, como pode ser a miña, entón, cada representante entra tamén na escolla para que o deseño se adapte máis á xente. É dicir, neses casos sempre che van escoller (porque non escolles ti) un deseño que diga precisamente iso, "é unha orquesta". Outra cousa que mira moito o público (refírome á media de idade 50 en adiante...)é que cantos máis sexan no cartel mellor. (Agora ven a anécdota de risa) Un amigo meu, dono dun grupo de Lugo, por esta mesma razón, tivo que repetir a xente dúas veces no cartel para que o grupo se vendera máis (sí, podedes crelo). Despois chegaban á festa e claro, eran menos que no cartel pero poucos se fixaran en que máis da metade estaban repetidos. (cousas)
Poño o exemplo do meu grupo, Costamar, que o ano pasado nos fixeron un cartel para a temporada 2008 e algún representante botouno abaixo, alegando que "ese non era cartel para o grupo". ¿Por que? Tampouco sei a razón, pero ás veces os cantantes e músicos estamos expostos á ser xulgados por un cartel que nós nin sequera tivemos a oportunidade de elixir, quería deixalo claro.

Bueno, ata mañá compañeir@s, ainda que non creo que sexa o último comentario que escriba aquí. xD

Bicos

Laura dijo...

Xa eran horas de que modernizaran un pouco o dos carteis! A min obviamente gústanme máis os últimos en concreto o da Jerusalén e Olympus. Estaba moi ben o do ano pasado aínda que o gótico tampouco me disgusta :)

un bikiñO!

pherreGZ dijo...

bon alba, comentareixe nesta entrada tambem porque sabes que de orquestas pois ai estou eu non??
decir ke creo ke dunha orkesta ultimamente o rollo do cartaz cada vez esta mais pasado de rosca
polo menos, non sei, pero por esta zona d´amaia e de santiago a xente non se fixa en nada dos carteis, de feito as veces nen sekera os poñen. a xente ke mais lle da iso, o importante e xegar ao campo da festa e ver unha orkesta ke lles goste.
decir ke os da panorama son orribles pero feisimos ijual cos da versalles, camelot e atenas,
os da olympus os meiores con diferenza, e este ke din moitos gotico encantame, o do ano pasdo era moi belicoso jejeje
si mo de este ano pareceme moi xulo, pero weno cantos carteis vedes por ai??
e mais bem un producto pra wev

pherreGZ dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.