jueves, 8 de enero de 2009

proxecto web!


Ola compañeiros. Hoxe estivemos argallando pola rede e recolectando información para o noso proxecto.

En canto á cuestión das receitas, estamos estes días preparando os nosos menús máis sabrosos para facer unha selección e plasmalo na rede. Por certo creo que está bastante claro que o do outro día non era un hipopótamo senón unha serpe.

Por outra banda respecto á cuestión económica da web, é dicir, como pode un estudante gañar uns castiños estamos investigando o asunto e xa atopamos varias páxinas que ofrecen compensación económica a cambio de facer pequenas enquisas ou ler publicidade.

E por último temos que pedirvos, unha vez máis A VOSA COLABORACIÓN para o noso terceiro apartado que sería a do lecer, gustaríanos que nos fixésedes unha lista dos sitios aos que concorredes habitualmente nas vosas noites de festa. Xa que nos, este ano andamos un pouco despistados no que se refire as xoldras e quedadas cav´s

4 comentarios:

Uxía dijo...

Tedes que incluír Krooner!
Desde logo, a vosa páxina será de moita axuda. Estou lendo gañar cartos por ler publicidade? Onde? xD
Un saúdo!

la_anemona dijo...

como a miña benquerida xia, recoméndovos o Krooner -aínda que ultimamente estou un pouco despegada del por mor dos seus inestables horarios-...

Ademais, propóñosvos que incluades o Curruncho, e como non, Trapitos e Joyas, que ven triunfando bastante porque dentro del se permite facer botellon -a cabio de pagar algo de entrada-.

En fin, o único que espero é que deixedes fóra da lista a Liberty!!-que bastante tola me teñen a cabeza despois de tanta festa debaixo da miña casa cada xoves!!-

unha aperta

Anónimo dijo...

pois eu niso de sitios para ir de festa...moi mal, debido a crise e ao frio...piso, por suposto. :D
espero q me sorprendades cos menús!

Anónimo dijo...

Como supoño que centraredes todo en Santiago... Pouco que dicir en canto a lecer... Se a vosa web ten éxito e xa fora da asignatura queredes ampliar as perspectivas, xa sabedes, ide un pouco máis ao noreste ;)

Apertas!